Thursday 25 de April de 2024

Un total de 82 veciños e veciñas de Frades participan nunha excursión a Lugo


Un total de 82 veciños e veciñas de Frades participaron esta fin de semana nunha viaxe a Lugo organizada polo Concello de Frades. Acompañada polo concelleiro de Xuventude, Juan Carlos Portos, a expedición visitou o parque de Avifauna e o Castro de Viladonga, así como a muralla e a cidade de Lugo.

O Concello de Frades celebra a boa acollida desta viaxe, pois inicialmente estaba previsto un máximo de 60 persoas e, ante o gran número de inscricións, optou por poñer un segundo autobús. A próxima excursión programada polo Concello terá lugar do 4 ao 7 de decembro, con Navara e A Rioxa como destinos. Unha viaxe para a que hoxe se abre o prazo de inscrición e que inclúe visitas a Pamplona, Tudela, Olite, Ujué, Sangüesa, Punete de la Reina, Estella e Santo Domingo de la Calzada, entre outras.

O prezo será de 300 euros (200 euros para menores de 12 anos) e inclúe autobús, 3 noites nun hotel de 4 estrelas, xantar, seguro de viaxe e guías. As inscricións poden realizarse no Concello de Frades (981 695 567 ata o vindeiro 19 de novembro).